“CONTACREQUES” DE EME2 EMOCIÓN&ARTE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

“Contacreques” é un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado.

Baseado nos contos clásicos: O Reiseñor, Garavanciño e O zapateiro e os trasnos.

O Reiseñor: na remota China, o canto dun paxaro revélalle o gozo de vivir a un emperador.

Garavanciño: as peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de “xigantes”.

O zapateiro e os trasnos: a maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade.

 

Compañía: Eme2 Emoción&Arte.

Xénero: teatro monicreques.

Autoría: Ricardo Combi.

Dirección: Álex Díaz.

Adaptación: Sandra Romarís.

Escenografía: Javi Tirado.

Deseño de iluminación e de son: Anxo Graña.

Vestiario: Mari Seoane.

Música: Santiago Ramos e Fran Lasuen.

Elenco artístico: Rocío González e Rocío Salgado.

 


AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (10/12/2017)
Horarios: 
12:00 h e 18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €