“COMANDO RADAR” - FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO “IMAXINASONS 2018” - (VESTÍBULO DO AUDITORIO DO CONCELLO DE VIGO)

Descripción: 

Pablo Rega: dirección, guitarra e aparellos

Luis Erades: saxo Alto/Soprano

Pablo Sax: saxo Tenor/Soprano

David Lojo: trompeta

Saúl Puga: contrabaixo

Carlos Castro: batería

Xavi Bértolo: teclados

 

Este septeto de músicos galegos define a súa música como improvisación conducida. Proposta arriscada pero asemade cautivadora. O seu directo é apto para todos os públicos. O “Comando” non só entra polas orellas, tamén o fai polos ollos. Os temas xorden a través do director, que con sinais constrúe cada unha das pezas. Os músicos permanecen moi atentos, entregados á improvisación e completamente volcados na música. Aparece así unha coreografía entre eles que fai de fío condutor do espectáculo. Os seus concertos teñen vida propia e neles poderemos escoitar momentos de noise, free jazz, impro libre, electrónica, ou non... Xurdiron das sesións HALO a finais de 2016 en Vigo e acaban de gravar o que será o seu primeiro disco, o cal acompañarán tamén de parte da sesión gravada en vídeo.

 

Pablo Rega: Elektra, Cosmic Muffin, F.I.L.O., Castromilf

Luis Erades: La Hierba Roja, Voynich em Chamas

Pablo Sax: Pablo Sax Trio, 2M, Fritanga

David Lojo: David Lojo Quartet

Saúl Puga: Suelen Estar Quartet, F.IL.O., Orquesta Metamovida

Carlos Castro: Castromilf, Orquesta Metamovida

Xavi Bértolo: Cró!, Orquesta Metamovida



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

Data: 
Mar (03/07/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Vestíbulo do Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36201 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €: Venda anticipada, sen gastos de xestión: www.ticketea.com - Teléfono 902044226 – Discos Elepé - O mesmo día no despacho de billetes da sala desde unha hora antes do comezo
AnexoTamaño
PDF icon programa_imaxinasons18.pdf236.89 KB