“CLUB DE LECTURA” - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Abril: xoves 5 e 12 

Maio: xoves 3 e 24 

Xuño: xoves 7 e 21 

 

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reunirá dúas veces ao mes (1º e 3º xoves) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outras persoas lectoras.

 

Coordina: Marila Ruíz.

Destinatarios: persoas socias do club.

Prazas: 25 participantes.

Inscrición: as persoas interesadas  en participar no club poden formalizar a súa inscrición a  partir das 10:30 h do 15 de setembro de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A participación no club é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

 

 

PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Data: 
Xov (07/06/2018)
Horarios: 
19:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto