“CHARENEÉ WADE” FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO “IMAXINASONS 2018” – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

OFFERING

Charenée Wade: voz

Oscar Pérez: piano

Paul Beaudry: contrabaixo

Marc Ayza: batería

 

Entre as revelacións vocais máis destacadas do circuíto do jazz sobresae por méritos propios a vocalista afromaericana Charenée Wade.

Primeira finalista no Concurso Internacional Vocal “Thelonius Monk” ou intérprete do “Betty Carter’s Jazz Ahead Program” no Kennedy Center, Washington. Charenée Wade, ademais de ser unha das cantantes con máis proxección do jazz internacional, é unha grande compositora, “arreglista” e educadora. Chegou a formar parte dos únicos catro talentos escollidos para formar parte do obradoiro de músicos de Dianne Reeves no Carnegie Hall.

Un concerto no que presenta un repertorio a modo de homenaxe, ofrenda necesaria e á súa vez estimulante, da música de Gil Scott Heron, cunhas dinámicas sorprendentes, innovadoras e de vangarda, recordando nalgúns momentos ese timbre e a garra de Betty Carter ou Sarah Vaughan e que provoca tamén a gravación do seu segundo álbum “Offering” (2015), no que contou con músicos como Lonie Plaxico, Stefon Harris, Marcus Miller ou Christian Mcbride.

 

https://www.chareneewade.com/splash/



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.


Data: 
Dom (01/07/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36201 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €: Venda anticipada, sen gastos de xestión: www.ticketea.com - Teléfono 902044226 – Discos Elepé - O mesmo día no despacho de billetes da sala desde unha hora antes do comezo
AnexoTamaño
PDF icon programa_imaxinasons18.pdf236.89 KB