“CANCIÓNS PARA DESAFINAR” DE A GRAMOLA GOMINOLA – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

En “Cancións para desafinar”, o grupo segue apostando polo rock e posiciónase como o grupo de rock en galego para público infantil e familiar. Grandes temas que, a partir de agora, podemos escoitar nas voces dos nosos fillos e fillas, como A Fábrica de Carmela, Pita Récords e moitos máis.

Unha proposta de calidade que garante a diversión para gozar en familia a través da música.

 

* Finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2016 e 2017 na categoría de música infantil.

 

Compañía: A Gramola Gominola.

Xénero: música rock.

Elenco artístico: Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (Baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz (batería).

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (17/12/2017)
Horarios: 
12:00 h e 18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €