“BRAGUINO” DE CLÉMENT COGITORE E “BAYT AL TOOT” (A CASA DA MOREIRA) DE SARA ISHAQ – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

“BRAGUINO

 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Clément Cogitore.

Fotografía: Shabier Kirchner.

Música: Eric Bentz.

Duración: 48 minutos.

Nacionalidade: Francia.

Ano: 2017.

V.O.S.C.


FICHA ARTÍSTICA

Documetal. Interveñen:

McCaul Lombardi, James Belushi, Zazie Beetz, Everleigh Brenner, Imani Hakim, Wass Stevens, Alyssa Bresnahan, Ashley Shelton.


- PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL DE MOSCOVA 2018.

- 2017: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO ZABALTEGUI TABAKALERA.


SINOPSE

No medio da taiga siberiana viven dúas familias: os Braguine e os Kiline. Ningunha estrada chega até alí, o único xeito é unha longa viaxe a través do río Ienissei, primeiro en barco, despois en helicóptero. Autosuficientes, ambas as dúas familias viven segundo as súas propias normas. Na vila hai unha  barreira, no río asenta unha illa na que se está construíndo outra comunidade: a dos nenos. Libres, impredicibles, salvaxes.

 

CLÉMENT  COGITORE

Director, actor, guionista, artista, montador, produtor e fotógrafo francés nado en  1983 en Colmar. Tras estudar na Escola Superior de Artes Decorativas en Estrasburgo e no Fresnoy National Studio de Arte Contemporáneo, produce Chroniques, unha curtametraxe galardoada no 2006  co Gran Premio no Festival Entrevues de Belfort. No 2007 participa coa curtametraxe Visités no Festival de Locarno. No 2010 con  Among Us, acada o Premio ao Mellor Director Novel. No 2011, acada o Gran Premio como vídeo artista  no Salon de Montrouge. Dende 2011, o seu traballo ten  sido obxecto de exposicións individuais e proxeccións monográficas (Palais de Tokyo, Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Estrasburgo, Centro Europeo de Accións de Arte Contemporánea...) e colectivas (Centre Georges Pompidou-Paris, Eyebeam, Art + Technology Center, Nova York, Haus der Kulturen der Welt-Berlin,Kunsthalle-Basel, MoMA, Nova York...). No 2015, acada o premio BAL para artistas mozos, logo o  premio Science Po para arte contemporánea,  e no 2016 o Premio da Fundación Ricard de Arte Contemporánea. Debuta na longametraxe con Ni le ciel ni la terre (2015), seleccionada na Semana da Crítica de Cannes, e premidada co  Premio da Fundación Gan, e no 2016 co Premio á Mellor estrea francesa, outorgado pola Unión Francesa de Críticos de Cine. A curtametraxe Les Indes galantes (2018), é o seu último traballo como director.




“BAYT AL TOOT”


FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Sara Ishaq.

Música: Ahmed Al-Shaiba.

Duración: 64 minutos.

Nacionalidade: R.U.

Ano: 2013.

V.O.S.C.


FICHA ARTÍSTICA

Documental.


SINOPSE

Sara, é nada no Iemen, filla de pai iemenita e nai escocesa. Na súa mocidade comeza a sentirse incómoda coa súa contorna,  con dezasete anos marcha a Escocia a vivir coa nai. O pai  aprobaba a súa marcha se ela non renunciaba as súas raíces no Iemen. Sara fixo esa promesa aínda que despois non a cumpre. Dez anos máis tarde, no 2011, Sara volta ao Iemen convertida noutra persoa. Está decidida a enfrontarse ao seu pasado e ten a vontade de descubrir as súas raíces natais.


SARA  ISHAQ

Directora, guionista, fotógrafa, montadora e produtora nada en 1984 en Edimburgo. Creceu en Sana'a, Iemen, até que con dezasete anos volta a Edimburgo para completar a súa formación. Unha  década despois produce e dirixe o filme Karama Has No Walls (2012), unha curtametraxe documental aclamada pola crítica.

No 2013, debuta na longametraxe con este filme, é tamén o seu último traballo.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Lun (25/06/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon XUÑO 2018.pdf469.49 KB