“BIBLIAS DA REFORMA” - (CASA GALEGA DA CULTURA)

Descripción: 

Con motivo da celebración dos 500 anos da Reforma Protestante a Asociación Cultural Evanxélica Kalos presenta esta exposición de biblias que se editaron para lle achegar ao lector moito máis que un libro. A Biblia traducida ás linguas “vulgares”, significou achegarlles ás persoas a oportunidade de ler no seu idioma este libro que ten a forza irresistible para transformar persoas e sociedades.

Tendo como base o texto bíblico e a súa influencia, ninguén pode dubidar que a Reforma impulsou a educación para todo o pobo, e que puidesen ter acceso a ler persoalmente as Escrituras. Ao mesmo tempo, estableceu o principio de “a libre interpretación” do texto bíblico, que ata ese momento estaba prohibido, e reservado só a unha elite relixiosa e aristocrática que podían ler sobre todo o latín, tamén o grego e o hebreo.

Coa Reforma, atrás queda o Renacemento, e abre paso á Ilustración e o Enciclopedismo achegándonos á Modernidade e unha nova maneira de entender o mundo e o papel da persoa.

Data: 
Lun (06/11/2017) a Sáb (11/11/2017)
Horarios: 
APERTURA (06-11-17): ás 19 h – RESTO PERIODO EXPOSITIVO: de luns a sábados, de 18 h a 21 h; sábados, domingos e festivos, de 12 h a 14 h
Lugar: 
Sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (pza. da Princesa 2, 36202 Vigo)
Organizador: 
Asociación Cultural Evanxélica Kalos, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto