“ARTE” DE KAMIKAZE PRODUCCIONES – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Quen pode rebater a Andy Warhol cando di que “facer cartos é arte?” Ou a Marcel Duchamp cando planta un urinario sobre unha peaña e o presenta como unha obra de arte? Ou aos animais disecados de Damen Hirst, ou a merda de artista envasada de Piero Manzoni... Sergio fíxose cunha codiciada pintura para a súa particular colección. O problema é que onde el ve unha mostra sublime de arte contemporánea, Marcos advirte un simple lenzo en branco, mentres Iván lle resta importancia á polémica.

Marcos, Sergio e Iván, o trío protagonista de Arte, poderían ser amigos desde os seus tempos de instituto, cando a vida se despregaba ante eles como a terra prometida. Logo a realidade encargouse de enfrontalos á “dinámica intrínseca da evolución”, como lle espeta Sergio a Marcos nun intento de explicarlle o sino cambiante dos tempos. Cambian as persoas, cambia o seu xeito de relacionarse co mundo, cos seus amigos e, como non poda ser doutro xeito, cambia a forma de contemplar e expresar a arte.

Co estilo cáustico e descarnado que lle caracteriza, a autora cuestiona a arte, a amizade, o éxito e o subxectivo da nosa mirada. E non se anda polas ramas. Dispara a carrabouxa e consegue manter até o final a velocidade das súas descargas, tan só interrompidas polas risas.

 

- PREMIO NACIONAL DE TEATRO 2017.

 

Compañía: Kamikaze Producciones.

Espectáculo: Arte.

Xénero: teatro comedia.

Autoría: Yasmina Reza.

Dirección: Miguel del Arco.

Tradución: Fernando Gómez Grande e Rodolf Sirera.

Escenografía e vestiario: Alessio Meloni.

Música: Arnau Vilà.

Iluminación: Pau Fullana.

Son: Sandra Vicente (Studio 340).

Elenco artístico: Roberto Enriquez, Cristóbal Rodríguez e Jorge Usón.

Idioma: España.

Público: adulto.

Duración: 90 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (02/02/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
10 €