“ANTÓN COMODÓN” DE L´ESTAQUIROT TEATRE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Esta é a historia de Antón, a quen de neno na súa casa llo facían todo; non facía falta que aprendese nada se el non quería. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facerlle todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e foise vivir ás Illas Verdes...

Así pois, Antón decidiu empezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos, cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto.

Durante a viaxe foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou ás Illas Verdes e se atopou co seu axudante, deuse de conta de que aprendera tanto que era capaz de valerse por si mesmo, e daquela decidiu quedar a vivir alí e botarlle unha man a Nicolás co seu carriño de xeados, como dous bos amigos.

 

* Premio FETEN 2016 ao Mellor Espectáculo de Monicreques.

 

Compañía: L´Estaquirot Teatre.

Xénero: teatro monicreques.

Autoría e deseño de son, iluminación e vestiario: L´Estaquirot Teatre.

Dirección: Guillem Albá.

Escenografía: Alfred Casas.

Música: Ferrán Martínez.

Elenco artístico: Nuria Benedicto, Olga Jiménez e Albert Albá.

Idioma: castelán.

Público: maiores de 3 anos.

Duración: 55 minutos.

Prezo: 5 €.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (05/11/2017)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €