“ANGRY INUK” (INUIT ENFADADO) DE ALETHEA ARNAQUQ-BARIL– CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Alethea Arnaquq-Baril.

Fotografía: Qajaaq Ellsworth.

Música: Florencia Di Concilio.

Duración: 85 minutos.

Nacionalidade: Canadá.

Ano: 2016.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

DOCUMENTAL.

                                  

- PREMIO XUSTIZA SOCIAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE SANTA BÁRBARA 2017.

- PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL DE CINE AVAILABLE LIGHT 2017.
- PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL HOT DOCS FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL CANADENSE 2016.

 

SINOPSE

A cineasta examina o papel central da caza de focas na vida dos Inuit. Son o seu alimento base, e  ten un rol central no ámbito social  e na identidade da cultura indíxena que habita as tundras do norte de Canadá, Alasca e Groenlandia. Tamén, a importancia dos ingresos que acadan coas vendas de peles e o impacto negativo que as campañas internacionais contra a caza de focas teñen provocado nas súas vidas.


ALETHEA ARNAQUQ-BARIL

Guionista, realizadora, produtora, e fotógrafa nada no Ártico Canadense.Dende a súa produtora, Unikkaat Studios, ten dirixido os documentais Tunniit: Retracing the Lines of Inuit Tattoos, as curtametraxes Inuit High Kick, Lumaajuuq e Sloth.

No seu traballo como produtora executiva ten coproducido  Arctic Defenders, un documental de John Walker,  e o documental Experimental Eskimos.
O seu último traballo é The Grizzlies, aínda sen rematar.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

 

Data: 
Lun (13/11/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon NOVEMBRO 2017.pdf444.51 KB