“ALQUIMIA” DEL MAGO TETO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Compañía: Mago Teto.

Espectáculo: Alquimia.

Xénero: maxia.

Autoría e dirección: Hector “O vianés”.

Escenografía: Kukas.

Deseño de son, iluminación, vestiario e música: Mago Teto.

Elenco artístico: Héctor García Guerra.

 

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astrología e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal. O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume, e finalmente o tempo.

Os alquimistas crían que a Pedra Filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozaren da vida eterna como da riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como “A Gran Obra”.

Nesta nova aventura o Mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a Pedra Filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón. A Felicidade!

A felicidade do público e do propio mago e así lograr a súa “Gran Obra”. Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do Mago Teto.

 

Idioma: galego.

Público: familiar (+6 anos).

Duración: 75 minutos.

 


AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (11/11/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €