“AGURATRAT!” DE PÉREZ&FERNÁNDEZ – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

AGURATRAT!

É unha adaptación teatral do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal.

AGURATRAT!

É unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.

AGURATRAT!

É a segunda montaxe para público familiar da Cía. Perez&Fernández, creadores de O poder de Amabel.



Compañía: Pérez&Fernández.

Xénero: teatro comedia.

Autoría: Roald Dahl.

Dirección: Victoria Pérez e Xosé Leis.

Adaptación e coreografía: Pérez&Fernández.

Escenografía e deseño de iluminación: Jose Faro (Coti).

Deseño de son: Manu Fernández.

Vestiario: María Fernández Vallejo e Pérez&Fernández.

Música: Xabier Romero e Iria Pinheiro.

Elenco artístico: Victoria Pérez, Manu Fernández e Xosé Leis.

Idioma: galego.

Público: familiar (+4 anos).

Duración: 50 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (04/02/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €