“ACHÉGATE A INTERNET” PROGRAMA DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Mércores 21 e venres 23 de novembro de 2018

Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a persoas usuarias autónomas na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información,  formación, e lecer.

 

Destinatarios: maiores de 16 anos sen coñecementos básicos de informática ou Internet.

Prazas: 6 participantes.

Inscrición: os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir do día  17 de outubro ás 10:30h. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Data: 
Mér (21/11/2018) a Ven (23/11/2018)
Horarios: 
de 10:00 a 12:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto