“ACHÉGATE Á INTERNET” PROGRAMA DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

- Mércores, 8 de novembro de 2017

- Venres, 10 de novembro de 2017

 

Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a usuarios autónomos na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información,  formación, e lecer.

 

Destinatarios: maiores de 16 anos sen coñecementos básicos de informática ou Internet.

Prazas: 6 participantes.

Inscrición: os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir do día 17 do mes anterior á actividade ás 10:30 h. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Data: 
Mér (08/11/2017) a Ven (10/11/2017)
Horarios: 
De 10:00 h a 12:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto