“6 CUBOS NEGROS EN CORPO BRANCO” DE APORÍA ESCÉNICA – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Unha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo e referencias ao universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba.

Seis actrices en escena habitan un espazo en branco e negro, subxugadas pola omnipresenza do frío que emana do gran frigorífo branco, suspendidas no tempo, a cabalo entre dúas épocas, a analóxica e a dixital.

Asistimos á desconxelación gradual dos corpos desde o hieratismo á organicidade, nunha inquietante atmosfera na que destacan os queixidos do violín.

 

As entradas poden mercarse no seguinte enlace: 

https://www.ticketea.com/entradas-teatro-6-cubos-negros-corpo-branco-vigo/

 

 

Data: 
Sáb (04/11/2017)
Horarios: 
21 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
APORÍA ESCÉNICA, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
De 8 a 10 € en Ticketea e despacho de billetes do auditorio