“THE WONDERFUL KINGDOM OF PAPA ALAEV” (O MARABILLOSO REINO DE PAPA ALAEV) DE TAL BARDA E NOAM PINCHAS – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Tal Barda e Noam Pinchas.

Fotografía: Uri Ackerman.

Edición: Yael Bitton.

Música: The Alaev Family.

Duración: 75 minutos.

Nacionalidade: Israel / Francia.

Ano: 2016.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Documental.

 

SINOPSE

Papa Alaev, é o  patriarca dunha familia de músicos virtuosos de Tayikistán. Carismático e divertido, ten liderado con man de ferro o grupo musical The Alaev Family. Coa caída da Unión Soviética, Papa Alaev toma a decisión unilateral de marchar do seu país natal e toda a familia se traslada a vivir a Israel.

El demanda  obediencia,  dende a comida que se leva á mesa até o instrumento que deberán tocar. Con 81 anos, ten problemas cos máis mozos que se rebelan contra a súa rixidez.

Un drama shakesperiano con una banda sonora vibrante.

  

TAL BARDA

Directora e produtora nada en 1983 en Israel. Estuda Cine e Televisión na Universidade de Tel Aviv, e Historia da Arte na Universidade de Toulouse. Ten dirixido e producido varios documentais, un dos máis destacados é A Heartbeat Away (2015), sobre a terrible experiencia dun pediatra e cardiólogo israelí nun hospital de Tanzania.

Este é o seu último traballo.

 

NOAM PINCHAS

Director, produtor e guionista nado no 1974 en Israel. Estuda no  North East College of Communications de Boston. Dende 2006 ten estado rodando documentais baseados en personaxes carismáticos. No 2013 coproduxo con Shirly Berkovitz, O bo fillo, premiado no IDFA.

Este é o seu último traballo.

 

 

 

MÁIS INFORMACIÓN NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Lun (08/01/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon XANEIRO 2018.pdf122.36 KB