“AS TARDES DO ROQUE” – (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

CANCELADA A ACTIVIDADE DE HOXE POR PROBLEMAS TÉCNICOS.

 

 

Venres, 17 de outubro de 2014.

Venres, 7 de novembro de 2014. (CANCELADO)

Luns, 29 de decembro de 2014 (ESPECIAL NADAL).

 

Cada mes, Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario, visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir as súas aventuras, contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos.

 

Destinatarios: Público infantil de 3 a 10 anos.

Prazas: 30 prazas por sesión.

Inscrición: Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición para cada unha das sesións a partir  das 10.30 h do día 15 do mes anterior á mesma (agás domingos, festivos e luns pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Data: 
Ven (07/11/2014)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura e Festas
Acceso: 
Gratuíto