“THE PRIMITALS” DE YLLANA + PRIMITAL BROS – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Compañía: Yllana + Primital Bros.

Xénero: teatro comedia.

Autoría: Yllana e Primital Brothers.

Dirección: Joe O Curneen.

Escenografía: Arte y Ficción.

Deseño de son: Alberto Fernández.

Deseño de iluminación: Roberta Guarino.

Vestiario: Tatiana de Sarabia.

Música: Santi Ibarretxe.

Coreografía: Carlos Chamorro.

Elenco artístico: Íñigo García Sánchez, Pedro Herrero, Adri Soto e Manu Pilas.

 

Yllana e Primital Bros únense para abraiarnos cunha divertidísima comedia musical a capela.

Catro aborixes dun planeta que podería ser o noso, reclaman o escenario, dispostos a conquistar o público a gargalladas ou machadazos, pero sempre con música de mil xéneros que, como esponxas, van absorbendo nas súas viaxes polos confíns do espazo tempo.

The Primitals é a estraña e surrealista historia dunha tribo lixeiramente disfuncional, con loitas intestinas, soños de grandeza, desequilibrios mentais e farmacopea milenaria.

Xamanismo a catro voces. Traxicomedia a capela. Vangardismo ancestral. Todo isto e moito máis en THE PRIMITALS.

 

Idioma: español.

Público: adulto.

Duración: 90 minutos.



AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.


PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (05/10/2018) a Sáb (06/10/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
10 €