“A LEITUGA” DE EME2 EMOCIÓN&ARTE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Compañía: Eme2 emoción&arte.

Xénero: teatro contemporáneo.

Autoría: César Sierra.

Dirección: Víctor Duplá.

Adaptación: Jose Barato.

Escenografía e deseño de iluminación: José Faro e Coti.

Deseño de son e música: Anxo Graña.

Vestiario: Uxía Vaello.

Elenco artístico: María Vázquez, Antonio Durán "Morris", Federico Pérez, Jose Barato e Mercedes Castro.

 

 

A Leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento das nosas vidas. Que facer cos nosos pais cando se achegan á morte?

A través destes cinco personaxes cos seus puntos de vista e as súas diferentes realidades, viaxaremos polos vínculos, lealdades e deslealdades da familia, as parellas, os irmáns, os pais e os fillos. Os asuntos non resoltos, as contas pendentes.

O sacrificio e a culpa. O odio e o rancor. A moral e a ética. A esperanza e a aceptación.

Os medos, as miserias, a procura da felicidade.

 

Idioma: galego.

Público: adultos.

Duración: 80 minutos.

 


AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.


PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (19/10/2018) a Sáb (20/10/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €