“THE FOUNDER” (O FUNDADOR) DE JOHN LEEE HANCOCK – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección: John Lee Hancock.

Guión: Robert D. Siegel.

Fotografía: John Schwartzman.

Música: Carter Burwell.

Duración: 112 minutos.

Nacionalidade: USA.

Ano: 2016.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Michael Keaton, Nick Offerman, John Carroll Lynch, Laura Dern.

  

SINOPSE

Biopic do creador de McDonald's. Nos anos 50, un vendedor de Illinois chamado Ray Kroc, atópase cos irmáns Richard e Maurice McDonald, que tiñan unha hamburguesaría no sur de California. Impresionado pola velocidade do sistema de cociña foi quen de visualizar o potencial da franquía e foi tomando posicións até arrebatárllelo e crear o imperio actual.

  

JOHN  LEE  HANCOCK

Guionista, produtor e  realizador nado en 1956 en Texas, USA. É licenciado en Dereito pola Universidade de Baylor, Texas, (Estados Unidos). Tamén acadou  unha licenciatura en inglés, na mesma universidade. Tras exercer  durante catro   anos para un  despacho de avogados de Houston, decidiu mudarse aos Ánxeles perseguindo o  seu soño de converterse en cineasta. Iníciase como guionista con Un mundo perfecto (1993),  dirixida e protagonizada por Clint Eastwood e  Medianoite no xardín do ben e do mal (1997), dirixida de novo por Clint Eastwood, con John Cusack e Kevin Spacey.

Entre as súas  realizacións temos, O novato (2002),  O Alamo (2004), Un soño posible (2009), Ao encontro de Mr. Banks (2013).

Este é o seu último traballo.

 

  

PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Lun (23/10/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon OUTUBRO 2017.pdf114.43 KB