“A CIAMBRA” DE JONAS CARPIGNANO – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Jonas Carpignano.

Fotografía: Tim Curtin.

Música: Dan Romer.

Duración: 107 minutos.

Nacionalidade: Italia.

Ano: 2017.

V.O.S.C.


FICHA ARTÍSTICA

Pio Amato, Koudous Seihon, Damiano Amato.           


- 2017: FESTIVAL DE SEVILLA: MELLOR ACTOR (PIO AMATO).

- PREMIO A JONAS CARPIGNANO, NO BERGEN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017.

- PREMIO LABEL EUROPA CINEMAS, A JONAS CARPIGNANO NO CANNES FILM FESTIVAL 2017.

- PREMIO A JONAS CARPIGNANO, Á MELLOR ACTRIZ DE REPARTO (IOLANDA AMATO),  NO CINEUPHORIA 2018.

- PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, MELLOR FILME E MELLOR MONTAXE, NOS PREMIOS DAVID DI DONATELLO 2018.

- PREMIO Á MELLOR MÚSICA, MELLOR FOTOGRAFÍA E PREMIO DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE NO GHENT INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017.

- PREMIO SNCCI AO MELLOR FILME NO TRIESTE FILM FESTIVAL 2018.


SINOPSE

Na comunidade xitana da Ciambra, universo sen lei, a familia é o primeiro. Así o ve Pío, de catorce anos, cuxo modelo de conduta é o se irmán Cosimo, pero cando o meten no cárcere, Pío aproveita a oportunidade de amosar a súa homada. Ser adulto ten un prezo moi superior ao que imaxina.


JONAS   CARPIGNANO

Director, guionista, fotógrafo, montador e produtor nado en 1984 en Nova York.

Iníciase na dirección na Universidade Wesleyan e, tras graduarse, trasládase a Italia para continuar a súa carreira. O seu traballo tense presentado nos mellores festivais: Cannes, Venecia e Sundance. Curtido en obras como Bestias do sur salvaxe; tras dirixir varias curtametraxes dende o 2006, dá o salto á  longametraxe no 2015 con Mediterránea, filme de gran percorrido internacional co que acadou o Gotham ao Mellor Director Novel.

Esta é a súa segunda longametraxe e o seu último traballo como director.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

Data: 
Lun (11/06/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon XUÑO 2018.pdf469.49 KB