“AS BOMBAS E O XENERAL” DE TANXARINA TÍTERES – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

As bombas e o xeneral é un espectáculo onde se recrean con siluetas animadas, música e actores, a historia dun xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O seu xefe verá frustradas as súas intencións.

Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias. Un final amable para unha situación de conflito onde tamén se presentan os efectos devastadores dunha guerra.

 

 

Compañía: Tanxarina Títeres.

Xénero: teatro de monicreques.

Autoría, dirección, adaptación e vestiario: Tanxarina.

Escenografía: Pablo Giráldez “Pastor”.

Deseño de son e música: Francisco Barreiro.

Deseño de iluminación: Andrés Giráldez.

Elenco artístico: Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Río e Eduardo Rodríguez Cunha.

Idioma: galego.

Público: familiar (+5 anos).

Duración: 40 minutos.



AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (04/03/2018)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €