“THE ALLEY STOMPERS” + “SWING ON” + “MAYEUSWING” FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO “IMAXINASONS 2018” - (PRAZA DA PRINCESA)

Descripción: 

"THE ALLEY STOMPERS"

 

Nacho Pérez: banjo / guitarra

Antonio Otero: voz e saxo tenor

Rosolino Marinello: saxos e clarinete

Óscar Prieto: tuba

Chus Pazos: batería

 

The Alley Stompers son dixieland, jazz, blues e swing. Este espectáculo representa unha viaxe no tempo, un retorno de sensacións, que recrea a atmosfera da Nova Orleáns dos anos 20 e 30 revisando o repertorio que fai honor a esta época dourada do jazz. Os seus compoñentes, músicos profesionais de grao, todos eles moi activos e coñecidos no panorama jazzístico galego: o italiano Rosolino Marinello ao clarinete e os saxos, o francés Wilfried Wilde ao banjo, os galegos Antonio Otero, voz e saxo tenor, Óscar Prieto á tuba e Chus Pazos á batería. Son una formación vistosa, potente, organizada en torno aos instrumentos máis tradicionais do jazz, ao máis puro estilo das bandas tradicionais americanas. É un espectáculo que está pensado para gozalo bailando ou desde unha butaca (representación en teatros) e resulta ideal para todos os públicos. O ritmo, a calidade musical e o bo humor son a tarxeta de visita de The Alley Stompers.

 

"SWING ON"

Os comezos. A Swing On School é un proxecto fundado por Elena Blanco e Jorge Patiño, que aprendera a bailar lindy hop no Porto da man da californiana Abeth Farag. En 2012, co come-come do lindy hop no corpo, instaláronse en Bueu, cidade natal de Jorge, e, como daquela non había ningún resquicio de lindy hop en toda Galicia, decidiu comezar a ensinar no Aturuxo Bar (segunda casa Jorge de preadolescencia temperá), onde aínda se dan clases. Nese momento o proxecto, aínda moi pequeno, foi chamado Lindy Hop Bueu. Pero co tempo comezaron a xurdir oportunidades para ensinar en Cangas e Vigo, de xeito que en 2014 o nome do proxecto pasou a ser Swing On School e a dedicación dos fundadores e profesores, Elena e Jorge, aumenta considerablemente, estendéndose desde ese momento a súa formación a mestres de fóra de Galicia e solidificándose a súa infraestrutura para poder acoller cada vez máis alumnado, coa expansión do corpo docente e os espazos en que se deu clase. O salto máis grande da Swing On School ten lugar en xuño de 2016, momento no que, con Laura Rosales, se creou o proxecto O Almacén Cultural, un espazo no que se combinan as clases e eventos swing con eventos culturais e de lecer e dedicado, como non, a varios aspectos relacionados coa música e a danza swing. Xuño 2016 é unha data especial para a Swing On School, non só por establecer unha sede estable en Vigo, senón tamén por incorporar ao equipo a Laura Rosales, amante da música e do baile, que destaca polo seu carácter activo, tanto para cuestións administrativas relacionadas coa escola como na produción de eventos de swing, dentro e fóra do Almacén Cultural.

A Swing On School hoxe. Na actualidade, a filosofía da Swing On School é revitalizar os aspectos máis salientables da cultura swing dos anos 30: música, historia, confraternización…, apoiándose nas inquedanzas, xa máis actuais, do equipo humano que está detrás: igualdade, apoio a novos proxectos culturais, difusión dunha cultura que vai máis aló de «o swing». Baixo estas premisas, a Swing On School non só imparte clases e obradoiros de bailes swing, senón que ademais organiza eventos destinados a promover e difundir a música, a historia e a comunidade swing.

 

http://www.swingonvigo.com/

  

"MAYEUSWING"

En setembro de 2015, Sergi e Lucía puxeron en marcha un proxecto en común que xorde da paixón que senten polo swing. Este proxecto coñécese como Mayeuswing. Trátase dunha escola dedicada a promover os bailes swing en Vigo, na que transmiten o entusiasmo e o coñecemento que teñen destes, para axudar a que a escena do swing en Vigo e Galicia se consolide e siga crecendo.

Sergi e Lucía formáronse en lindy hop e outros bailes derivados do swing con grandes profesionais durante varios anos en Barcelona. En lindy hop tiveron a sorte de aprender con Sonia Ortega e Héctor Artal, o que lles deu unha sólida base na comprensión da conexión coa parella, desde a propia exploración do movemento ata o diálogo entre leader e follower, isto é, entre quen leva e quen é levado.

Gracias a isto buscan que a espontaneidade e a improvisación propias da música swing estean presentes en cada baile, sen trataren de mecanizar os movementos. Hoxe en día seguen ampliando os seus coñecementos en festivais internacionais e nacionais, con profesores de envergadura internacional como Skye Humphries, Frida Segerdahl, Felipe Braga, Alice Mei e Remy Kouakou, entre outros.

Ademais das clases nas que transmiten os seus coñecementos de lindy hop, claqué, swing solo e rock ’n’ roll, tamén organizan actividades para axudaren a promover a parte social destes bailes, desde jams na súa escola, Rúa Swing e Swing Vermús ata o Festival Internacional de Swing ViSwinGo, coas que axudan a dinamizar a cidade dando a coñecer este tipo de bailes tan divertidos e sociais.

 

http://mayeuswing.com



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Dom (01/07/2018)
Horarios: 
18:30 h
Lugar: 
Praza da Princesa (36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Entrada libre ata completar aforamento
AnexoTamaño
PDF icon programa_imaxinasons18.pdf236.89 KB