ÁLVARO DE LA VEGA. A Árbore da vida [Ciclo ‘METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega’ III] – (MARCO)

Descripción: 

O ciclo METRÓPOLE, comisariado por Rubén Martínez Alonso, naceu cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

O proxecto está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe como en contidos, distribuídas nos espazos do primeiro andar: por unha banda, a correspondente ao pasado, representada por unhas salas nas que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente da cidade de Vigo nesas décadas iniciais do século XX, mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco. Por outra, a terceira mostra individual do ciclo, que se exhibe nas salas frontais.

Álvaro de la Vega é o protagonista da terceira achega do ciclo METRÓPOLE. Baixo o título A Árbore da vida, a mostra reúne un bo número de pezas escultóricas procedentes da colección do artista que conforman a grande instalación, producida especificamente para este proxecto, que dá nome á exposición.

Data: 
Ven (22/02/2019) a Dom (02/06/2019)
Horarios: 
Martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 h a 14.30 h e de 17.00 h a 21.00 h Domingos de 11.00 h a 14.30 h
Lugar: 
MARCO, salas do primeiro andar
Organizador: 
Fundación MARCO, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto