Noticias

Abertos os prazos de inscrición para o coro e a orquestra xuvenís XOVIGO

20 de agosto de 2010-

No caso da orquestra, a data límite de inscrición é o 19 de novembro, e as probas terán lugar os días 28 e 29 de decembro no Círculo Mercantil de Vigo.
Para o coro, os/as interesados/as poderán inscribirse até o 15 de setembro, con posibilidade
de ampliación de prazo. A data estimada para as probas sitúase na segunda quincena de outubro.

Inauguración da exposición “Fillos do Océano” no Museo do Mar

05 de novembro de 2010-
Hoxe venres 5 de novembro, ás 20:00, terá lugar a inauguración da exposición “Fillos do Océano” no Museo do Mar de Galicia. Trátase dun proxecto fotográfico de Javier Teniente, que estará exposto até o 9 de xaneiro.

Inauguración da exposición “Laxeiro, escritos” na Fundación Laxeiro

05 de novembro de 2010-
Hoxe venres 5 de novembro, ás 20:00, terá lugar a inauguración da exposición “Laxeiro, escritos. Pensamentos, recordos e relatos” na Fundación Laxeiro. A exposición permanecerá na Fundación até o 30 de xaneiro.

A Biblioteca Central permanecerá pechada do 29 de outubro ao 2 de novembro

13 de outubro de 2010-
As dependencias da Biblioteca Central permanecerán pechadas do 29 de outubro ao 2 de novembro debido á toxicidade derivada dos traballos regulares de desratización, desinfección e desinsectación que se levarán a cabo nas súas instalacións.
O mércores 3 de novembro a Biblioteca funcionará de novo con
normalidade.

Suspendida a actuación do grupo “Porta Aberta” prevista para o día 23 de outubro dentro de Vigo a Escena

19 de outubro de 2010-
Queda suspendida, até novo aviso, a actuación da compañía Porta Aberta na AVV San Xurxo de Saiáns, programada para o sábado 23 dentro do programa anual Vigo a Escena.

Inauguración da exposición "Pedro Solveira: o que pasou e está por vir"

19 de outubro de 2010-
O día 21 de outubro ás 20h, terá lugar a inauguración da exposición "Pedro Solveira: o que pasou e está por vir" na Casa das Artes, lugar onde permanecerá até o día 5 de decembro.

Inauguración da exposición "Fermín Penzol: unha obra para un país"

19 de outubro de 2010-
Hoxe, ás 12:30h, terá lugar a inauguración da exposición "Fermín Penzol: unha obra para un país" na Casa Galega da Cultura, lugar onde permanecerá até o día 30 de novembro.

Presentación do 7º Certame SecuenciaCero

18 de outubro de 2010-
O 7º Certame de documental e vídeo SecuenciaCero, que terá lugar os días 21, 22 e 23 de outubro no Museo Verbum – Casa das Palabras, será presentado mañá martes 19 de outubro ás 11.30 horas na 9ª planta do Concello de Vigo.

Presentación da Estación Outono do Festival Sinsal

06 de outubro de 2010-
Hoxe no Concello de Vigo tivo lugar a rolda de prensa de Estación Outono de Sinsal. Tres meses cheos de música que unha vez máis se presentaron en colaboración co Concello de Vigo e Caixanova, e na que interviñeron Xesus López Carreira,
Concelleiro de Cultura e
Animación Sociocultural de Vigo, María Pereira,
Directora de Actividades Culturales de Caixanova, e
Julio Gómez,
Coordinador do festival.

Presentación de “Facer e deixar de facer” e “Os pasos perdidos”

07 de outubro de 2010-
Dentro da liña de colaboración existente entre a Fundación Laxeiro e
a Universidade de Vigo, o próximo mércores 13 de outubro ás 12:00 terá lugar na sede da Fundación a presentación de dúas publicacións, consistentes nos catálogos titulados “Facer e deixar de facer” e “Os pasos perdidos”. Ambas publicacións corresponden a dúas exposicións do mesmo nome, programadas na Fundación Laxeiro, co financiamento da Universidade de Vigo. No acto tamén se materializará a doazón da obra titulada “Palé restaurado” do artista Eduardo Outeiro (A Coruña, 1981).

Páxinas

Subscribe to Noticias