Noticias

Aberto o prazo de matrícula para os cursos de adultos do MARCO

20 de setembro de 2010-
A partir do mércores 6 de outubro, comezarán no MARCO dous novos cursos para adultos, impartidos por Ana Pereira Molares, e destinados a persoas interesadas en coñecer de primeira man os principais movementos e autores da historia da arte contemporánea.
Nesta
nova tempada 2010-2011 ofrécense dous cursos que se desenvolverán dende o mes de outubro ata finais de maio: por unha banda, a nova edición do curso ‘A FOTOGRAFÍA. Historia doutra mirada’, que tivo grande aceptación na tempada anterior —nesta ocasión moi ampliado en calendario e contidos—, e no que se realiza un percorrido pola historia da fotografía dende o seu nacemento ata as últimas tendencias. A outra proposta leva por título ‘UNHA RELECTURA DAS VANGARDAS: da ilusión ao escepticismo’, e afonda sobre aspectos e autores menos coñecidos ou analizados en cursos anteriores, co obxecto de ofrecer unha visión novidosa das vangardas históricas do século XX e da súa influencia na arte actual.
Dende o 7 de setembro está aberto o prazo de matrícula para os dous cursos, que se pechará unha vez cubertas todas as prazas. Tanto os programas detallados como as fichas de inscrición, están dispoñibles no despacho de billetes do MARCO (en horario de 11.00 a 21.00 de martes a sábados, e de 11.00 a 15.00 os domingos) e
no apartado ‘Actividades’ da web www.marcovigo.com

O día 1 de outubro dará comezo a programación do Auditorio Municipal

27 de setembro de 2010-
O próximo venres 1 de outubro dará comezo a programación do renovado Auditorio Municipal. Unha programación que inclue obras e actuacións para pequenos e maiores que terán lugar todas as semanas, e que se inaugura coa
obra “El título de este espectáculo no es mi madre”, ás 21:00h. No mesmo fin de semana, o domingo 3, ás 18:00h, poderemos gozar dunha función para nenos: “El flautista mágico”.

Conmemoración do sétimo aniversario do Museo Verbum - Casa das Palabras

O concelleiro de Cultura, Xesus López, e o director do Museo Verbum – Casa das Palabras, presentaron a programación que se desenvolverá no Museo para conmemorar o seu sétimo aniversario.
Esta programación inclúe:
-xornadas de portas abertas, con entrada de balde os días 20 a 25
-actividades do XV Congreso Ponte nas Ondas Ir ao evento
Ir al evento



-espectáculos teatrales
Ir al evento





-conciertos del ciclo SinSal
Ir al evento



-talleres:


1- Alg-A



2- Cunqueiro



> 3- Identidad y diferencia en la literatura



4- Los narigudos





IR A LA NOTICIA EN XORNAL.ORG

Presentación do programa anual de teatro "VIGO A ESCENA 2010"

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou a programación correspondente ao Vigo a Escena 2010, que nesta nova edición inclúe 98 representacións de 23 compañías teatrais. Ademais, na presentación, o edil salientou que este ano se integra de forma paralela o circuíto de compañías profesionais e o de compañías
afeccionadas, respondendo así ás demandas do ámbito teatral.

O Verbum regala libros no día 23 de abril

Para conmemorar o Día do Libro, o museo Verbum - Casa das Palabras regala durante o día 23 de abril unha selección dos seus libros e publicacións.

Haberá preparada unha selección de volumes para todos os públicos. Calquera persoa interesada pode achegarse en horario de 10 a 19 horas e escoller o seu libro preferido.

Berrogüetto presenta o seu último traballo "Kosmogonías" o xoves 15 de abril.

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este luns a actuación que o grupo Berrogüetto ofrecerá o vindeiro xoves, 15 de abril, no teatro do Centro Cultural Caixanova. O edil explicou que neste concerto Berrogüetto presentará o seu último disco "
Kosmogonías", que conta coa colaboración de Rosa Aneiros e Manuel Rivas.

Páxinas

Subscribe to Noticias